O servizo de listas de correo da Universidade de Vigo foi recentemente actualizado.


O enderezo para xestionar as listas de correo segue sendo https://listas.uvigo.es que nos conduce á pantalla seguinte.



Como se pode observar o interface foi renovado. 


Un cambio importante é que para acceder á xestión das listas agora terá que rexistrarse previamente empregando o mesmo enderezo de correo que xa tiña vinculado á lista.


Agora o acceso á xestión da lista non é so con contrasinal como era anteriormente.


 


Cando prema en acceder pediráselle o nome de usuario e contrasinal que acaba de crear na pantalla anterior.



Identificámonos.



Logo do cal nos mostra as listas de correo ás que pertencemos, como moderadores, administradores ou suscriptores.





Entrando en cada unha veremos un menú de operación similar a este se somos administradores e outro máis reducido se só somos suscriptores.



Esperamos que fora de utilizade para vostede esta información.


Saúdos cordiais.